8 erros no uso de Moodle para a docencia. Breve historia desta guía

Nota: para ler a guía en castelán preme AQUÍ.

O xerme do que abrolla esta guía partiu dunha proposta que me lanzou o doutor José Luis Tasset, profesor e decano da Facultade de Humanidades e Documentación, durante un curso que impartín recentemente nese centro. Moi acertadamente, o profesor Tasset argumentaba que na maioría de ocasións aprendemos de xeito máis profundo e efectivo a partires dos nosos propios erros que cando tan só se nos expoñen as solucións a un problema.

Durante un tempo, esa idea estivo dando voltas na miña cabeza, pensando en como aplicala ao logro dun uso máis didáctico da plataforma Moodle nas accións formativas que se levan a cabo na nosa universidade.

Eu quería facer unha guía moi visual que, dun golpe de vista, nos permitira tomar conciencia ou detectar aquelas prácticas que son pouco recomendables no uso de Moodle e nos orientara sobre como darlles solución. Ao mesmo tempo, o meu obxectivo era darlle un ton xocoso e informal, que non afondase no erro como algo negativo, senón como unha ocasión máis para a aprendizaxe.

Para a parte visual tiven a inmensa fortuna de contar coa axuda dunha extraordinaria deseñadora e futura graduada en Comunicación Audiovisual pola UDC, Paula Santos Barbeito, que fixo un excepcional traballo co deseño gráfico.

Así naceu, en definitiva, esta nosa criatura que titulamos 8 erros no uso Moodle para a docencia. Espero que sexa do voso agrado e convídovos a compartila, difundila e, por suposto, a mellorala coas vosas achegas e comentarios.

Ana M. Peña Cabanas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s