Aprendizaxe Servizo universitario: cando a aula se expande para mellorar a contorna

team-CCO

A Responsabilidade Social Universitaria é unha das cinco áreas clave recollidas no Plan estratéxico 2013-2020 da Universidade da Coruña co propósito de converter a nosa institución nun motor de cambio social e establecer unha relación bidireccional universidade-sociedade que permita xerar unha dinámica de desenvolvemento social, cultural e económico.

Neste marco de acción, cobra sentido o impulso que desde o CUFIE vimos dando, coa colaboración da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, ao Aprendizaxe Servizo nas nosas aulas universitarias.

A Aprendizaxe Servizo (ApS) é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade, na que o alumnado aprende traballando en necesidades reais da súa contorna coa finalidade de mellorala.

O profesorado da UDC leva varios anos desenvolvendo interesantes proxectos de ApS co alumnado, sen embargo é a partires do 2015 cando comezamos co proceso de institucionalización desta metodoloxía froito da colaboración entre CUFIE e OCV.  O obxectivo deste proceso foi tanto dar impulso ao ApS entre a nosa comunidade educativa como tamén, visibilizar os proxectos realizados e dar recoñecemento a todos os axentes implicados: profesorado, alumnado e institucións receptoras do servizo.

Tanto a descrición e os motivos dese proceso, coma os pasos que seguimos para levalo a cabo quedaron recollidos nesta comunicación que Lorena Rilo da OCV e máis eu presentamos en outubro do pasado 2016 no VII Congreso Nacional y II Internacional de Aprendizaje-Servicio Universitario que se celebrou en Santiago de Compostela.

O resultado foi, como podedes ver, un incremento notabilísimo do número de proxectos de ApS que se desenvolveron na UDC o ano pasado. Podedes consultar AQUÍ unha presentación-resumo de cada un deles se tedes curiosidade.

Neste preciso momento está aberta a convocatoria para a certificación dos proxectos de ApS que se levaron a cabo na UDC durante o curso 16/17. Tedes todos os datos nesta ligazón: http://www.udc.es/cufie/INNOVACION/ApS/ConvocatoriaAps2017.html 

Animávosvos a innovar nas vosas aulas abríndoas ao exterior para que o alumnado aprenda resolvendo necesidades reais do seu contorno e, en definitiva, contribuíndo a lograr un mundo mellor. Estamos ao voso dispor para poñelo en marcha!

Ana M. Peña Cabanas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s