Docentes conectad@s: o reto de educar na era dixital

Docentes conectad@s: o reto de educar na era dixital

Docentes contectad@s: o reto de educar na era dixital é o título do curso de verán organizado polo CUFIE que se vai celebrar os días 10 e 11 de xullo na Facultade de CC. da Educación do campus de Elviña.

A nosa intención foi crear un punto de encontro, unha ocasión para reunir a docentes de niveis educativos diferentes para debater, poñer en común ideas e proxectos e crear sinerxias que lles permitan traballar xuntos arredor dos novos paradigmas educativos que están a xurdir no contexto da era dixital e conectar as aulas coas necesidades dunha sociedade en permanente cambio.

Titulámolo Docentes conectad@s para facer fincapé na necesidade de establecer conexións e de tecer fíos entre os distintos actores implicados na construción dunha educación de calidade:

  • Conexión das aulas con unha sociedade cambiante que esixe unha actualización permanente das metodoloxías e das ferramentas coas que se densenvolve a docencia.
  • Conexión do/as docentes entre sí, porque a calidade do ensino na era dixital pasa ineludiblemente polo traballo colaborativo e a creación de redes de profesionais que aprendan xuntos compartindo coñecemento.
  • Conexión docentes-alumnado a través de ferramentas, estratexias didácticas e metodoloxías activas que poñan ao alumnado no centro do proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Conexión docentes-tecnoloxía educativa que posibilite a mellora e actualización da competencia dixital docente.

Os eixos temáticos do curso xiran en torno a tres grandes áreas: a tecnoloxía educativa, a atención á diversidade e a responsabilidade social universitaria. Contamos con poñentes de grande renome nos tres campos como son: Jordi Adell, Wicho, Fátima García Doval e Alexandre Sotelino. Ademais de conferencias, o curso conta con numerosos obradoiros prácticos a cargo de docentes das tres universidades galegas, de profesorado de secundaria e FP e tamén de persoal de centros de recoñecido prestixio en Galicia coma o CAFI  (Conchi Fernández) ou o CESGA (María José Malmierca).

Tedes toda a información do curso na nosa páxina web e para calquera dúbida ou consulta aquí vos deixamos correo electrónico e teléfono de contacto: innovacion.cufie@udc.es ou 881 01 5612. Animádevos a participar!

Guardar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s