Inauguramos curso académico con unha nova iniciativa que, sen dúbida, será de grande interese para o noso profesorado e para o persoal investigador: a Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente, en colaboración co CUFIE, acaba de lanzar unha convocatoria para a constitución e recoñecemento de Grupos de Innovación Educativa (GIE).
Os obxectivos que se perseguen son os seguintes:
- Promover a participación do profesorado en accións de innovación educativa.
- Fomentar o traballo colaborativo e interdisciplinar mediante asociacións estables de profesores que favorezan a actualización permanente e o desenvolvemento profesional docente.
- Darlles unha maior proxección e difusión ás actividades de innovación educativa da UDC para adquirir unha maior presenza nos foros educativos nacionais e internacionais.
- Mellorar o impacto dos procesos de ensino-aprendizaxe e, en xeral, a calidade do ensino impartido na UDC.
Todos os detalles desta convocatoria pódense consultar na sede electrónica da UDC e nesta ligazón á nosa web: http://www.udc.es/cufie/INNOVACION/GIE/IConvocatoria.html
Como avance, deixámosvos aquí recollidas na seguinte infografía as 5 cuestións clave sobre os GIE. Esperamos que sexa un éxito!