Éxito da nosa colección Contextos Universitarios Transformadores

Acabamos de recibir unha boísima noticia e queremos compartila con vós:

A nosa colección dixital Contextos Universitarios Transformadores (CUT) está sendo todo un éxito situándonos de terceiros en número de consultas, tan só por detrás de revistas con longa traxectoria nesta universidade como son REIPE e SPORTIS, editadas polos profesores Alicia Risso e Víctor Arufe respectivamente. Por certo, parabéns a ambos polo seu excelente traballo!

Concretamente, o Servizo de Publicacións da UDC acaba de remitirnos os datos de consultas dos DOI correspondentes ao pasado mes de Abril de 2019, son os seguintes:

Número 1: 113 visitas                                 Número 2: 484 visitas

 

Para maior detalle, o número 1 da colección “Contextos Universitarios Transformadores: retos e ideas innovadoras” que leva publicado desde xuño de 2018 ten o seguinte rango de consultas:

  • Nº de consultas de artigos con DOI:

consultasDOI-xuño18-feb-19

  • Nº de consultas e descargas desde o Repositorio Institucional (RUC) da UDC:

consultasRUC-xuño18-mar-19

Non son malos datos para un primeiro número, non vos parece? Noraboa pois a todo/as os que contribuístes a este éxito!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s