IV Xornadas de Innovación Docente na UDC. Resumo e impresións

Un ano máis queremos compartir con vós os datos e as impresións da nova edición das Xornadas de Innovación Docente que celebramos en novembro deste ano baixo o epígrafe Contextos Universitarios Transformadores: Boas prácticas no marco dos GIDs.

Dicirvos que estamos moi contentos porque a pesares de que tivemos algúns problemiñas de saúde inesperados no equipo, todo saiu á perfección grazas ao traballo inxente do resto de integrantes do CUFIE, bolseiro/as e demais colaboradore/as. Aquí podedes ver como relatou La Voz de Galicia a nova da celebración das xornadas.

inauguración-IVXID
Inauguración oficial das IV XID polo reitor Julio Abalde, a vicerreitora Nancy Vázquez e o decano da fac. de CC. da Educación, Manuel Peralbo.
  • O programa

Este ano tivemos un programa moi completo e dinámico integrado por dous relatorios plenarios, 34 comunicacións orais, 38 pósteres, 4 paneis de experiencias innovadoras, entrega de premios ApS, presentación do programa “Democratización do coñecemento” da Universidade Sénior e entrega de diplomas á II promoción do programa formativo para profesorado novel PFI.

  • O público asistente

Se ben é certo que nese aspecto sempre queremos máis, nesta edición conseguimos máis ou menos os mesmos datos de asistencia do ano anterior: preto de 200 asistentes. Aínda así, é evidente que debemos seguir traballando para acadar maiores cifras de inscritos e de asistentes.

  • Os premios á innovación en Aprendizaxe-Servizo

Outra novidade deste ano foi a convocatoria, impulsada pola Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente, dos premios á innovación en Aprendizaxe-Servizo. O xurado, tres reputados profesores de universidades de fóra de Galicia, tivo moi difícil a escolla entre os interesantísimos proxectos que se presentaron. Finalmente, os gañadores desta edición foron:

  1. I premio (1.500€): Cartografía social do dereito ao hábitat na cidade da Coruña. Dos profesores Laura Cruz, Roberto Suárez e Juan José Bueno
  2. II premio (900€): Fisioterapia escolar nun Colexio de Educación Especial. Da profesora Verónica Robles García
  3. III premio (600€): Aprende Física e divírtete. Das profesoras Ana Ares Pernas e María José López Abad.

Parabéns!!

  • Os relatores convidados

Como novidade nesta edición, contamos con dous relatores convidados:

  1. Daniel Cassany, da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, falounos da súa longa traxectoria docente compartindo anécdotas e útiles consellos baixo o título Renovando materias: éxitos e fracasos da innovación docente.

danielcassany

2. Carlos Escudero, o profesor da FIC da UDC e adxunto ao reitor en materia de TIC, impartiu unha interesante conferencia sobre as novas ferramentas informáticas da UDC e as súas múltiples aplicacións na docencia.

carlosescudero.jpg

  • Comunicacións, pósteres e paneis de experiencias

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos dous días nos que expuxestes as vosas experiencias nas aulas

This slideshow requires JavaScript.

Desexando que un ano máis fose do voso agrado este encontro, velaquí vos deixamos os resultados das vosas opinións sobre as xornadas:

Moitisímas grazas a todo/as os que asististes e compartistes as vosas experiencias! Vémonos o ano que vén!