Remata un ano duro, un ano que estamos desexando esquecer pero que non imos olvidar nunca. Non tivemos tempo a escribir aquí, pero o noso quefacer ao longo deste tempo non só non cesou, senón que se veu exponencialmente incrementado polas circunstancias que nos tocou vivir.
Desde aquí queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa da UDC, alumnado, profesorado, PAS e equipo de goberno polo esforzo conxunto que entre tod@s fixemos para sacar adiante o noso labor formativo nun contexto tan pouco propicio.
Agardamos que o ano novo traia consigo moita saúde e que nos permita recuperar esas apertas e encontros dos que tivemos que prescindir durante todos estes meses. Como este ano, máis que nunca, precisamos poñer unha nota de alegría, aquí vos deixamos a nosa felicitación de Nadal 🙂
Resumimos a continuación as nosas actividades ao longo deste ano:
- A única viaxe do ano foi a Madrid, ás I Jornadas de orientación para la inclusión educativa centradas no papel da orientación na transición e acollida do alumnado con discapacidade na educación superior https://congresos.uned.es/w21362/
- En maio organizamos a V Xornada de Traballo da Rede SAPDU de xeito virtual e da que levamos a Secretaría de forma provisoria en colaboración coa Universidat de Girona e a Universitat de les Illes Balears dende o mes de abril a outubro.
- Dentro da Rede Estatal de Docencia Universitaria (RED-U), da que formamos parte, participamos nos seguintes eventos:
- En xullo, o encontro virtual da Rede Estatal de Docencia Universitaria ( ENVIREDU 2020) https://www.uca.es/noticia/la-uca-acoge-el-encuentro-virtual-de-la-red-estatal-de-docencia-universitaria-enviredu-2020/
- En setembro, o seminario virtual “SemiREDU2020: Redeseñando a docenica nun novo contexto” https://red-u.org/semiredu-2020/
- En decembro, a asamplea xeral e extraordinaria nas que se recapitularos os temas importantes do ano e cuestións de cara ao futuro da rede.
- Publicamos o libro dixital que recolle os traballos presentados nas IV Xornadas de Innovación Docente https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/25074
- Reconvertimos toda a formación do CUFIE á modalidade virtual e incorporamos numerosos cursos relacionados coa docencia virtual e semipresencial ao noso plano formativo para profesorado: https://www.udc.es/gl/cufie/UFA/PAE/Cronograma/
- Organizamos moitos eventos formativos en directo abertos a toda a comunidade educativa da UDC https://www.udc.es/gl/cufie/TELEFORMACION/eventos/






- Creamos un novo plano formativo en igualdade de xénero para profesorado e alumnado https://www.udc.es/gl/cufie/UFA/PFOIX/
- Publicamos unha morea de recursos de apoio para profesorado e alumnado sobre metodoloxías didácticas e uso de ferramentas relacionadas coa docencia en liña: videotitoriais, guías en pdf, infografías, gifs, FAQs https://www.udc.es/gl/cufie/TELEFORMACION/teleformacion/
- Creamos unha rede de asesores de teleformación para dar soporte ao profesorado nos distintos centros da UDC https://www.udc.es/gl/cufie/TELEFORMACION/RedeAsesores/
- A finais deste ano, puidemos retomar as gravacións dos nosos MOOC e agardamos ter unhas cantas estreas no vindeiro 2021

- Organizamos, en colaboración coa OCV, as II Xornadas de Aprendizaxe -Servizo na UDC co lema “Nova ideas para novos escenarios. Nelas contamos con prestixiosas relatoras tanto nacionais como internacionais: Ana Ares e Laura Cruz (UDC), Rosser Battle (Cataluña) e María Rosa Tapia (Arxentina) https://www.udc.es/gl/cufie/INNOVACION/aps/II-Xornada-Aps-na-UDC/

- En decembro organizamos en colaboración co alumnado do Programa Espazo Compartido as V Xornadas sobre diversidade na universidade na que se fixo moito fincapé na importancia de crear espazos inclusivos, tanto físicos como educativos, para todas as persoas dentro da universidade.

- Co motivo da celebración do 3 de decembro, Día Internacional das persoas con discapacidade, dentro da Rede SAPDU creamos unha campaña (#impulsoSAPDU) para facer visible o traballo dos servizos de atención ás persoas con discapacidade, sobre todo nun ano tan complicado como o que vivimos.
- Hai unhas semanas participamos nas xornadas virtuais organizadas por Coruña Dixital, poñendo ao CUFIE no mapa das entidades locais que apostan pola mellora das competencias dixitais da poboación
E, sobre todo, estivemos moi pendentes de vós dando soporte ás múltiples consultas e chamadas que nos fixestes durante este tempo tan duro que nos tocou vivir. Moitas grazas por todo o apoio e o cariño que nos fixestes chegar polas múltiples canles.
Agardamos que o ano 2021 sexa máis doado para tod@s.