Este foi o título elixido para a conferencia que impartimos o pasado xoves 24 de febreiro na Escuela Nacional de Estudios Superiores de León, pertencente á Universidad Autónoma de México.
Fomos convidados polos nosos homólogos do LIDIE (Laboratorio Interdisciplinario para la Docencia e Innovación Educativa), que é un centro moi similar ao noso alí. O LIDIE amosou moito interese por coñecer como nos organizamos e sobre todo, interesáronse polas actividades de fomento da inclusión educativa e da innovación docente.
Na exposición participamos o noso director, José A. García Naya e os tres técnicos do CUFIE: Sonia Seijas, David Fociños e Ana Peña.
O evento emitiuse por Zoom e por FacebookLive ao mesmo tempo, superando os 250 espectadores entre ambos canais. Foi pois unha excelente ocasión para dar a coñecer fóra das nosas fronteiras a nosa universidade e o traballo que desenvolvemos aquí.
Confiamos en que ademáis, esta participación sexa o xerme de unha fructífera colaboración entre as dúas institucións.
Gustaríavos ver a presentación que empregamos para a nosa exposición? Facendo clic Aquí ou na imaxe inferior podedes visualizala.
Esperamos que vos guste. Dádenos feedback nos comentarios!
Nin nos demos conta pero xa estamos a rematar outro ano máis e, coma sempre, quixemos despedilo felicitándovos o nadal e facendo reconto das actividades que fomos desenvolvendo.
Para felicitar estas festas, escollimos un lema significativo deste ano de transición cara a nova normalidade: Que cousas che gustaría recuperar no 2022? Adiante vídeo!, esperamos que vos guste:
Programas formativos
Durante o 2021, todos os nosos planos formativos continuaron impartíndose en formato virtual para garantir a saúde de profesorado e alumnado. Como novidade, sumamos unha nova colaboración coa Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC coa que desenvolvimos o Plano de Formación en Igualdade (PFOIX) destinado tanto a profesorado como a alumnado.
Polo demáis, continuamos coa formación en Software Libre e coa colaboración co Servizo de Bibliotecas da UDC.
Eventos, xornadas e congresos
Comezamos o ano colaborando co grupo de investigación Esculca da Universidade de Santiago na organización do III Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo na Universidade. Neste Simposio participaron dúas profesoras da UDC dando a coñecer os seus proxectos de ApS: Teresa Piñeiro e Ana Ares
Exposicións de Ana Ares e de Teresa Piñeiro
No mes de maio organizamos as V Xornadas de Innovación Docente baixo o lema A nova normalidade académica: leccións aprendidas e retos de futuro. Inscribíronse máis de 200 docentes da UDC que compartiron as súas experiencias de adaptación da docencia ao medio virtual en formato de vídeo-pílulas explicativas. Tivemos tamén conferencias, mesas redondas e obradoiros sobre deseño de materiais accesibles, avaliación, guión audiovisual e dinamización de clases síncronas que foron moi ben valorados polos participantes.
Algúns momentos das Xornadas
No mes de xullo asistimos ao IV Congreso Internacional de Aprendizaxe Servizo Universitario que se celebrou en Canarias en formato virtual. Nese importante foro demos a coñecer o intenso traballo dos nosos docentes e tamén o noso propio coa comunicación: El ApS en la Universidade da Coruña: proceso de institucionalización y su contribución al logro de los ODS.
Divulgando o noso traballo
En setembro estreamos curso organizando as nosas III Xornadas de Aprendizaxe e Servizo nas que contamos con importantes conferenciantes de distintas universidades nacionais, mesas redondas e obradoiros:
Tamén no mes de setembro, organizamos unhas interesantes xornadas para dar a coñecer o Plano de Acción Titorial (PAT) que se celebraron na Facultade de CC. da Educación:
Cartaz das xornadas do PAT
No mes de outubro participamos no V Congreso Internacional Universidad y Discapacidad organizado pola fundación Once e pola Universidade de Salamanca dando a coñecer o traballo da Rede Sapdu (completar)
Sonia Seijas falando do traballo da ADI
Premios
Durante este ano fixemos dúas convocatorias de premios á innovación docente:
II Convocatoria de premios á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo. Nesta edición, puidemos entregar 6 premios divididos en tres liñas temáticas: Sustentabilidade, Atención á diversidade e Redución das desigualdades.
Docentes premiado/as na II edición dos premios APS
Premios “Mellor experiencia docente”: no marco das V Xornadas de Innovación Docente, entregáronse dous premios e un accésit ás mellores experiencias docentes. As gañadoras foron:
1º premio: “Nonna, mi racconti…”: historias de una influencer nonagenaria en el aprendizaje del italiano de Emiliana Tucci. Ver vídeo da experiencia
2º premio: A Universidade Sénior: Derribando barreiras e estereotipos en tempos de COVID de Ana I. Ares Pernas, Susana Iglesias Antelo e Matilde García Sánchez. Ver vídeo da experiencia
Accésit: Metodologías activas en la formación inicial del profesorado en orientación, tutoría y diagnóstico de Nuria Rebollo Quintela, Paula Mendiri Ruíz de Alda e Luisa Losada Puente. Ver vídeo da experiencia
Cartaz dos premios a Mellor experiencia docente
Cursos MOOC
Durante os primeiros meses do ano traballamos arreo para ter listos os 3 cursos MOOC que estreamos en maio na plataforma MiríadaX: Teoría de juegos para el desarrollo sostenible, Mentoría en la Universidad: formación de las figuras implicadas e Construcción naval e Industria 4.0. Ademais, impartíronse no mes de marzo as terceiras edicións de dous cursos exitosos: Tecnología para la participación activa en diversidad funcional e Sostenibilidad y Big Data.
Proxectos europeos
Definitivamente, este foi o ano dos proxectos europeos e desde o Cufie quixemos aproveitar a oportunidade sumándonos a varios proxectos moi interesantes. De momento, podemos falarvos de un deles: O proxectoHERIT
Trátase dun proxecto financiado polo programa Erasmus+ que ten como obxectivo apoiar e impulsar a preparación en materia de educación dixital dos/ as propietarios/ as de casas históricas. Por parte da UDC participamos xunto con un grupo de investigadores do CITIC dirixidos por Laura Nieto Riveiro e co Grupo de Estudos Territoriais (GET).
Publicacións
Ao longo deste ano, editamos dúas publicacións dixitais con ISBN e DOI aloxadas no noso repositorio institucional:
Seguramente nos quedan cousas por listar aquí, pero como resumo esperamos que sirva.
Agora vimos decididos a afrontar este novo ano con moita enerxía para emprender novos proxectos e para continuar ofrecéndovos a mellor atención. Ogallá que o 2022 sexa o ano da volta á normalidade e do regreso de todo o que perdimos.
Seguro que lembrades que o pasado mes de maio entregamos dous premios e un accésit a “Mellor experiencia docente” no marco das V Xornadas de Innovación Docente.
Desde a Unidade de Teleformación do CUFIE, quixemos saber un pouco máis sobre esas tres experiencias, así que collimos a cámara e o equipo e alá nos fumos ás tres facultades correspondentes para entrevistar ás súas protagonistas e que nos contaran de primeira man os detalles do traballo que desenvolveron.
O resultado foron varias horas de gravación que tentamos resumir en tres pequenos vídeos. Pensamos que o resultado permite facerse unha idea máis clara dos interesantísimos proxectos que se levaron a cabo. Agardamos que vos gusten!
1º PREMIO: Nonna mi raconti: Historias dunha influencer nonaxenaria na aprendizaxe do italiano
2º PREMIO:A Universidade Sénior: Derribando barreiras e estereotipos en tempos de COVID
ACCÉSIT: Metodoloxías activas na formación inicial do profesorado en orientación, titoría e diagnóstico
Os pasados 27 e 28 de maio celebramos en formato virtual as V das Xornadas de Innovación Docente e, coma todos os anos, queremos compartir con vós os resultados e impresións.
Esta edición tan especial, celebrada baixo o lema A nova normalidade académica: leccións aprendidas e retos de futuro, tivo unha acollida que nos sorprendeu gratamente. Pero vexamos os datos antes de sacar conclusións:
O programa
A organización do programa supuxo un reto importante debido á falta de presencialidade. A nosa intención foi dar o maior protagonismo posible ás persoas participantes. É por iso que tan só houbo un relatorio plenario, mentras que o resto do tempo repartiuse de xeito que se outorgase un papel activo aos asistentes mediante mesas de debate, obradoiros prácticos e vídeo-comunicacións.
A secuencia temporal destas xornadas foi novidosa tamén, pois tivo unha fase asíncrona durante a cal se elaboraron, compartiron, visualizaron e votaron as achegas en formato vídeo-comunicación e unha fase síncrona durante as mañáns dos días 27 e 28 para o desenvolvemento dos distintos eventos do programa.
A participación
Esta edición resultou ser unha das máis numerosas en canto a participación e asistencia, con un total de 216 persoas inscritas e de 60 video-comunicacións presentadas. Cabe destacar ademais que a asistencia se mantivo constante ao longo dos dous días mesmo ata o venres a última hora, cousa que non ocorría no formato presencial.
Datos de participación V XID
O relatorio plenario
O relatorio plenario, baixo o título “Claves de la docencia en tiempos de pandemia y retos de futuro”, estivo a cargo da directora de Deusto Online, Sonia Arranz Turnes quen, como era de agardar, non defraudou.
Tal como recolle a gráfica anterior, foi a que acadou maior grao de participación e tanto a charla en si mesma coma o debate xurdido despois foron moi enriquecedores. Sonia achegounos valiosos consellos e recursos para o exercicio da docencia e da aprendizaxe en medios telemáticos.
Deixámosvos aquí a gravación da súa intervención por se queredes tomar nota dos seus interesantes consellos:
A mesa redonda
Logo do relatorio, celebrouse unha mesa redonda moderada por José A. García Naya, director do Cufie.
O debate centrouse na posta en común das principais ideas e experiencias relatadas nas videocomunicacións presentadas e tamén, supuxo unha ocasión perfecta para compartir as inquedanzas, éxitos e impedimentos que a situación de emerxencia sanitaria trouxo consigo durante estes meses pasados.
Imaxe da mesa redonda
Os obradoiros
Durante a mañá do día 28 de maio, tiveron lugar os catro obradoiros que denominamos “Laboratorios de retos”, pois estiveron organizados en torno a un reto que as persoas asistentes debían resolver por grupos coa axuda do profesorado experto encargado de cada obradoiro.
A continuación podedes ver unha pequena galería con fotos do desenvolvemento de cada un deles:
Os premios
Convocáronse dous premios á mellor experiencia de adaptación á docencia virtual: o 1º premio, dirimido por un xurado externo de expertos e o 2º premio, que decidían os propios participantes a través dos seus votos. A emoción sobre o primeiro premio mantívose ata o final e o xurado tivo bastante difícil a decisión.
Finalmente, resultou gañadora a experiencia “Nonna, mi racconti…”: historias de una influencer nonagenaria en el aprendizaje del italiano da profesora Emiliana Tucci. O segundo premio estivo moi reñido, pois ás 15:00 horas do día 27 ían empatadas a puntos dúas experiencias. Para desempatar, decidiuse acudir ás puntuacións do xurado externo resultando gañadora do 2º premio a experiencia “A Universidade Sénior: Derribando barreiras e estereotipos en tempos de COVID” das profesoras Ana I. Ares Pernas, Susana Iglesias Antelo e Matilde García Sánchez. Sen embargo, a vicerreitora Nancy Vázquez quixo premiar tamén á outra experiencia que quedou ao mesmo nivel de puntos concedéndolle un accésit. Trátase da experiencia “Metodologías activas en la formación inicial del profesorado en orientación, tutoría y diagnóstico” das profesoras Nuria Rebollo Quintela, Paula Mendiri Ruíz de Alda e Luisa Losada Puente.
Deixámosvos algunhas fotos do acto de entrega de premios, así como tamén a gravación que vos recomendamos visualizar se non puidestes no seu momento porque foi moi divertida e emotiva.
Medallas
Entrega do 2º premios, con Matilde García, directora da Sénior
Entrega do accésit coa profesora Luisa Losada
Emiliana Tucci, gañadora do 1º premio
Susana Iglesias, Matilde García e Ana Ares, gañadoras do 2º premio
Nuria Rebollo, Paula Mendiri e Luisa Losada, gañadoras do accésit
Vídeo da entrega de premios e clausura das V Xornadas de Innovación Docente
As valoracións
Tal como afirmou a vicerreitora Nancy Vázquez na súa presentación, co esforzo e dedicación de todos e todas conseguimos facer posible o que parecía imposible.
Sen dúbida nunca deixaremos de ser unha universidade presencial, pero esta crise sanitaria marcou un antes e un despois na nosa actividade académica. Bo reflexo disto é a boa acollida que tiveron estas xornadas mesmo usando exclusivamente formatos dixitais, o cal denota que definitivamente perdemos o medo ao uso de novas ferramentas e de novos contextos de aprendizaxe.
Deixámosvos cos resultados da enquisa de valoración e dámosvos as grazas un ano máis pola vosa participación e o voso interese. Agardámosvos nunha próxima edición, de seguro menos condicionada pola pandemia e en formato híbrido ou mixto, segundo a preferencia maioritaria que denotan os resultados da enquisa.
Os cursos MOOC ou cursos masivos e abertos, constitúen un fabuloso escaparate para dar a coñecer a grande calidade da formación que se imparte nas nosas aulas e para situar á Universidade da Coruña no mapa mundial da formación en aberto . Desde o ano 2017 que lanzamos o primeiro MOOC, inscribíronse nos nosos cursos máis de 7.300 persoas dun total aproximado de 70 países diferentes.
Grazas á incorporación do profesor Manuel García Torre ao equipo do CUFIE, puidemos avanzar substancialmente no traballo de gravación e edición de cursos MOOC que quedara parado pola pandemia.
É por iso que no que vai de ano se impartiron xa dous cursos na plataforma MiríadaX:
Baixo este lema tan significativo da era que estamos a vivir celebraremos os próximos 27 e 28 de maio a V edición das Xornadas de Innovación Docente na UDC.
Cartaz das V Xornadas de Innovación Docente
Vai ser unha edición moi especial e moi diferente ás anteriores, non só porque será totalmente virtual e con participación a través de vídeo-comunicacións, senón porque os participantes xa non somos os mesmos como docentes nin como alumno/as logo desta adaptación forzosa ao ensino en remoto. Querendo ou non, vímonos na obriga de adaptarnos e de aprendermos axudándonos uns a outros para superar os numerosos obstáculos que nos foron aparecendo nese tortuoso camiño. Por iso, porque cada un de nós ten moreas de experiencias que contar, estas xornadas van ser máis interesantes ca nunca.
Son moitas pois as leccións aprendidas e agora toca poñelas en común para non deixar de aprender e para compartir éxitos, fracasos e preocupacións polo futuro.
Pola nosa banda, preparamos un encontro distinto, onde a vosa voz como participantes teña pleno protagonismo a través de participacións en vídeo e de mesas redondas. Ademais, deseñamos un laboratorio de retos onde vos enfrontaredes por grupos, poñéndovos na pel de auténticos alumnos virtuais, á resolución de catro retos relacionados coa docencia virtual lanzados por algúns dos nosos mellores docentes dos que, de seguro, aprenderedes moito.
Dinamizando as nosas clases virtuais síncronas. Thais Pousada e Laura Nieto
Guión audiovisual para vídeos educativos. Manuel García Torre
Teremos a sorte de contar con unha poñente de excepción para a conferencia plenaria: Sonia Arranz Turnes, a directora de eCampus, a unidade de asesoría e soporte para a formación online da Universidade de Deusto. Elixímola a ela porque é unha persoa con un coñecemento e unha experiencia moi acreditada no campo do e-learning e tamén porque estar á fronte de eCampus durantes estes meses, outorgoulle unha visión de 360º sobre as dificultades ás que se enfrontaron tanto docentes como alumnos como PAS no proceso de transformación da docencia e da aprendizaxe.
Sonia Arranz Turnes
Outra novidade desta edición é que a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente quere premiar a dedicación e o esforzo do profesorado mediante a concesión de dous premios ás mellores experiencias de adaptación á docencia en remoto presentadas a través das video-comunicacións. Haberá un primeiro premio dirimido por unha comisión de expertos externa e un segundo premio outorgado polos votos do público aos vídeos (podes ver as bases aquí)
Animádevos a participar! agardámosvos a todos e todas!
Remata un ano duro, un ano que estamos desexando esquecer pero que non imos olvidar nunca. Non tivemos tempo a escribir aquí, pero o noso quefacer ao longo deste tempo non só non cesou, senón que se veu exponencialmente incrementado polas circunstancias que nos tocou vivir.
Desde aquí queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa da UDC, alumnado, profesorado, PAS e equipo de goberno polo esforzo conxunto que entre tod@s fixemos para sacar adiante o noso labor formativo nun contexto tan pouco propicio.
Agardamos que o ano novo traia consigo moita saúde e que nos permita recuperar esas apertas e encontros dos que tivemos que prescindir durante todos estes meses. Como este ano, máis que nunca, precisamos poñer unha nota de alegría, aquí vos deixamos a nosa felicitación de Nadal 🙂
Resumimos a continuación as nosas actividades ao longo deste ano:
A única viaxe do ano foi a Madrid, ás I Jornadas de orientación para la inclusión educativa centradas no papel da orientación na transición e acollida do alumnado con discapacidade na educación superior https://congresos.uned.es/w21362/
En maio organizamos a V Xornada de Traballo da Rede SAPDU de xeito virtual e da que levamos a Secretaría de forma provisoria en colaboración coa Universidat de Girona e a Universitat de les Illes Balears dende o mes de abril a outubro.
Dentro da Rede Estatal de Docencia Universitaria (RED-U), da que formamos parte, participamos nos seguintes eventos:
Reconvertimos toda a formación do CUFIE á modalidade virtual e incorporamos numerosos cursos relacionados coa docencia virtual e semipresencial ao noso plano formativo para profesorado: https://www.udc.es/gl/cufie/UFA/PAE/Cronograma/
Publicamos unha morea de recursos de apoio para profesorado e alumnado sobre metodoloxías didácticas e uso de ferramentas relacionadas coa docencia en liña: videotitoriais, guías en pdf, infografías, gifs, FAQs https://www.udc.es/gl/cufie/TELEFORMACION/teleformacion/
A finais deste ano, puidemos retomar as gravacións dos nosos MOOC e agardamos ter unhas cantas estreas no vindeiro 2021
Gravacións MUFFIMOOC
Organizamos, en colaboración coa OCV, as II Xornadas de Aprendizaxe -Servizo na UDC co lema “Nova ideas para novos escenarios. Nelas contamos con prestixiosas relatoras tanto nacionais como internacionais: Ana Ares e Laura Cruz (UDC), Rosser Battle (Cataluña) e María Rosa Tapia (Arxentina) https://www.udc.es/gl/cufie/INNOVACION/aps/II-Xornada-Aps-na-UDC/
Co motivo da celebración do 3 de decembro, Día Internacional das persoas con discapacidade, dentro da Rede SAPDU creamos unha campaña (#impulsoSAPDU) para facer visible o traballo dos servizos de atención ás persoas con discapacidade, sobre todo nun ano tan complicado como o que vivimos.
Hai unhas semanas participamos nas xornadas virtuais organizadas por Coruña Dixital, poñendo ao CUFIE no mapa das entidades locais que apostan pola mellora das competencias dixitais da poboación
E, sobre todo, estivemos moi pendentes de vós dando soporte ás múltiples consultas e chamadas que nos fixestes durante este tempo tan duro que nos tocou vivir. Moitas grazas por todo o apoio e o cariño que nos fixestes chegar polas múltiples canles.
Agardamos que o ano 2021 sexa máis doado para tod@s.
Como dicía o poeta, Fugit irreparabile tempus e aquí estamos un ano máis facendo balance do andado nestes 365 días do 2019 que chegou á súa fin.
Ao igual ca todos os anos, queremos felicitarvos estas festas con este pequeno vídeo, darvos as grazas polo voso apoio e enviarvos os nosos mellores desexos para o vindeiro ano 2020:
Para nós foron meses de intenso traballo por parte de todas as unidades que compoñen o CUFIE. Velaquí vai unha relación resumida das accións máis destacadas:
Como cada ano, incorporamos novos cursos aos nosos Planos de Formación, tanto presenciais coma virtuais.
Ampliamos a colaboración con outros servizos da UDC coordinando distintas accións formativas:
II Convocatoria de Cursos MOOC na que resultaron aprobados 3 novos cursos que se impartirán en MiríadaX ao longo do ano 2020.
Convocamos, coa colaboración da Fundación Abrente, o I Concurso ENKI-UDC para o deseño dun obstáculo para a VI Carreira Enki Galicia, co obxectivo de promover a inclusión de todas as persoas en actividades de ocio e deporte e fomentar a participación de alumnado, mestrado e doutoramento no ámbito do deporte accesible.
Impartimos dous novos cursos MOOC na plataforma MiríadaX e tamén a segunda edición do noso premiado primeiro mooc “Música para el siglo XXI”:
Organizamos, en colaboración coa OCV, a I Xornada de Aprendizaxe e Servizo na UDC. A xornada foi todo un éxito de participación e colaboración entre entidades e docentes e brindounos a oportunidade de escoitar a unha das profesoras máis coñecidas e reputadas no ámbito do ApS en España:Pilar Aramburuzabala.
Celebramos a cuarta edición das Xornadas de Innovación Docente da UDC, con dúas conferencias plenarias, 36 comunicacións orais, 38 pósteres, 4 paneis de experiencias innovadoras e entrega de premios á innovación en Aprendizaxe e Servizo
Inauguración oficial das IV XID polo reitor Julio Abalde, a vicerreitora Nancy Vázquez e o decano da fac. de CC. da Educación, Manuel Peralbo.
Desde a Unidade de Atención á Diversidade organizamos as IV xornadas sobre diversidade na UDC que este ano estivo dedicada á diversidade funcional cognitiva e na que participaron entidades tan interesantes como Plena Inclusión ou A quinta da Arte. A xornada foi de balde pero fíxose unha recollida de alimentos para a cociña económica coas aportacións das persoas asistentes.
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, celebrado o 3 de decembro, dende a nosa universidade, encargada da coordinación do Grupo de Comunicación da Red SAPDUdentro de CRUE-Asuntos Estudiantiles, lanzamos por segundo ano consecutivo unha campaña, este ano denominada #DecalogoSAPDU, na que, a través dun vídeo, poñíase en valor o traballo de todos os servizos de atención das universidades recollendo os valores e principios que aplicamos no noso día a día. A nosa universidade foi a encargada de dar forma a eses principios e crear o vídeo.
Un dos nosos estudantes de prácticas deste 2019, Iván Vázquez, é moi activo nas redes e nos medios de comunicación e axudounos a dar visibilidade á Unidade de Atención á Diversidade a través dunha reportaxe da TVE para o programa “En lengua de signos“.
Un ano máis, o proxecto Espazo Compartido segue a formar a rapazas e rapaces con discapacidade intelectual dentro da nosa universidade. Este ano incorporouse a IV promoción deste proxecto, e a segunda xa como título propio da UDC. No 2019 fixemos unha Xornada Formativa de Emprego con Apoios como base para a mellora da empregabilidade do noso alumnado.
Un ano máis queremos compartir con vós os datos e as impresións da nova edición das Xornadas de Innovación Docente que celebramos en novembro deste ano baixo o epígrafe Contextos Universitarios Transformadores: Boas prácticas no marco dos GIDs.
Dicirvos que estamos moi contentos porque a pesares de que tivemos algúns problemiñas de saúde inesperados no equipo, todo saiu á perfección grazas ao traballo inxente do resto de integrantes do CUFIE, bolseiro/as e demais colaboradore/as. Aquí podedes ver como relatou La Voz de Galicia a nova da celebración das xornadas.
Inauguración oficial das IV XID polo reitor Julio Abalde, a vicerreitora Nancy Vázquez e o decano da fac. de CC. da Educación, Manuel Peralbo.
O programa
Este ano tivemos un programa moi completo e dinámico integrado por dous relatorios plenarios, 34 comunicacións orais, 38 pósteres, 4 paneis de experiencias innovadoras, entrega de premios ApS, presentación do programa “Democratización do coñecemento” da Universidade Sénior e entrega de diplomas á II promoción do programa formativo para profesorado novel PFI.
O público asistente
Se ben é certo que nese aspecto sempre queremos máis, nesta edición conseguimos máis ou menos os mesmos datos de asistencia do ano anterior: preto de 200 asistentes. Aínda así, é evidente que debemos seguir traballando para acadar maiores cifras de inscritos e de asistentes.
Os premios á innovación en Aprendizaxe-Servizo
Outra novidade deste ano foi a convocatoria, impulsada pola Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente, dos premios á innovación en Aprendizaxe-Servizo. O xurado, tres reputados profesores de universidades de fóra de Galicia, tivo moi difícil a escolla entre os interesantísimos proxectos que se presentaron. Finalmente, os gañadores desta edición foron:
Como novidade nesta edición, contamos con dous relatores convidados:
Daniel Cassany, da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, falounos da súa longa traxectoria docente compartindo anécdotas e útiles consellos baixo o título Renovando materias: éxitos e fracasos da innovación docente.
2. Carlos Escudero, o profesor da FIC da UDC e adxunto ao reitor en materia de TIC, impartiu unha interesante conferencia sobre as novas ferramentas informáticas da UDC e as súas múltiples aplicacións na docencia.
Comunicacións, pósteres e paneis de experiencias
Aquí vos deixamos algunhas fotos dos dous días nos que expuxestes as vosas experiencias nas aulas
O pase de diapositivas require JavaScript.
Desexando que un ano máis fose do voso agrado este encontro, velaquí vos deixamos os resultados das vosas opinións sobre as xornadas:
Moitisímas grazas a todo/as os que asististes e compartistes as vosas experiencias! Vémonos o ano que vén!
Acabamos de recibir unha boísima noticia e queremos compartila con vós:
A nosa colección dixital Contextos Universitarios Transformadores (CUT) está sendo todo un éxito situándonos de terceiros en número de consultas, tan só por detrás de revistas con longa traxectoria nesta universidade como son REIPE e SPORTIS, editadas polos profesores Alicia Risso e Víctor Arufe respectivamente. Por certo, parabéns a ambos polo seu excelente traballo!
Concretamente, o Servizo de Publicacións da UDC acaba de remitirnos os datos de consultas dos DOI correspondentes ao pasado mes de Abril de 2019, son os seguintes: