A Responsabilidade Social Universitaria é unha das cinco áreas clave recollidas no Plan estratéxico 2013-2020 da Universidade da Coruña co propósito de converter a nosa institución nun motor de cambio social e establecer unha relación bidireccional universidade-sociedade que permita xerar unha dinámica de desenvolvemento social, cultural e económico.
Neste marco de acción, cobra sentido o impulso que desde o CUFIE vimos dando, coa colaboración da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, ao Aprendizaxe Servizo nas nosas aulas universitarias.