Docentes contectad@s: o reto de educar na era dixital é o título do curso de verán organizado polo CUFIE que se vai celebrar os días 10 e 11 de xullo na Facultade de CC. da Educación do campus de Elviña.
A nosa intención foi crear un punto de encontro, unha ocasión para reunir a docentes de niveis educativos diferentes para debater, poñer en común ideas e proxectos e crear sinerxias que lles permitan traballar xuntos arredor dos novos paradigmas educativos que están a xurdir no contexto da era dixital e conectar as aulas coas necesidades dunha sociedade en permanente cambio.
Titulámolo Docentes conectad@s para facer fincapé na necesidade de establecer conexións e de tecer fíos entre os distintos actores implicados na construción dunha educación de calidade:
- Conexión das aulas con unha sociedade cambiante que esixe unha actualización permanente das metodoloxías e das ferramentas coas que se densenvolve a docencia.
- Conexión do/as docentes entre sí, porque a calidade do ensino na era dixital pasa ineludiblemente polo traballo colaborativo e a creación de redes de profesionais que aprendan xuntos compartindo coñecemento.
- Conexión docentes-alumnado a través de ferramentas, estratexias didácticas e metodoloxías activas que poñan ao alumnado no centro do proceso de ensino-aprendizaxe.
- Conexión docentes-tecnoloxía educativa que posibilite a mellora e actualización da competencia dixital docente.