UDConTIC

UDConTIC gallegoUDConTIC é a Unidade de Teleformación do CUFIE. Esta unidade ten como misión fundamental a de prestar apoio a todas aquelas accións relacionadas co ámbito da teleformación dentro da UDC. Entre as súas liñas de traballo e actuación, recóllense tamén as de dar impulso á innovación educativa e a de ofrecer soporte metodolóxico á integración das tecnoloxías da información e as comunicacións nas actividades de ensino-aprendizaxe.

Entre as principais funcións de UDConTIC destacan as seguintes:

  • Ofrecer asesoramento e formación aos docentes para a creación dos seus propios materiais didácticos multimedia para a aprendizaxe.
  • Dar soporte metodolóxico á virtualización e á implementación de contidos de aprendizaxe na plataforma Moodle.
  • Facilitar mediante accións formativas e materiais creados ao efecto o proceso de virtualización de materias e/ou títulos da UDC.
  • Prestar apoio ao desenvolvemento e á difusión de proxectos de innovación educativa

Para calquera consulta ou incidencia relacionada cos ámbitos de actuación de UDConTIC poden poñerse en contacto con nós na extensión 5612 ou escribirnos a teleformacion.cufie@udc.es